O alumnado e o profesorado do CEIP A Xunqueira 2 deséxavos a todos dende o noso “photocall” unhas FELICES FESTAS!
jueves, 24 de diciembre de 2015
domingo, 20 de diciembre de 2015
ANIVERSARIOS TRIMESTRE 1
Recomplicación dos mellores momentos dos aniversarios celebrados nas aulas!
lunes, 30 de noviembre de 2015
VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA
Nas últimas semanas o alumnado de infantil visitamos a Biblioteca Municipal de Pontevedra e participamos nunha sesión de contacontos nas súas instalacións.
Resultou moi interesante coñecer as normas da Biblioteca e comparar semellanzas e diferenzas coa nosa. Tomamos nota para posibles melloras e contarlle a Fervelliño!
VISITA DE ANXO MOURE
A bordo do se nubinete e nesta ocasión acompañado dun axudante moi especial, chegou en novembro ao colexio Anxo Moure para encher as nosas cabezas de historias de bosques, natureza, auga e … vida!
Sempre sorprendente Anxo Moure, o contador máis enxebre e auténtico da nosa terra!
jueves, 26 de noviembre de 2015
…HAINAS QUE ASAR NO ASADEIRO!
Este ano celebramos unha xornada de Magosto organizada en tres momentos principais: os Xogos, a Degustación e o Baile.
Na primeira etapa da festa o alumnado de 6º foi o verdadeiro protagonista pois tiña a tarefa de recoller a alumnos de todas as idades e repartilos en “Equipos de Xogos”. Equipo das Pereiras, Torradas de Laranxa, Castiñeiros, etc … todos eles compostos de alumnado diverso entre 6º de infantil e 6º de Primaria.
Por outra banda, os pequenos de 4º e 5º de infantil gozaron tamén de xogos con equipos misturados nunha zona reservada ao carón do patio de infantil.
A “toque de timbre” o alumnado de cada equipo tiña que cambiar de Estación de Xogo. No “Estoupa ourizos” non lles daba chegado a quenda do tiro!
Se queredes saber como seguiu a festa botade unha ollada ao video!
sábado, 21 de noviembre de 2015
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
Hoxe, 20 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Infancia e recibimos nas nosas aulas ao alumnado do CIFP A Xunqueira do Ciclo Superior en Educación Infantil. Como en anos anteriores estes alumnos deseñan actividades para os nenos e nenas de infantil (xogos, cancións…) usando como fío conductor os Dereitos Universais da Infancia. O resultado foi unha xornada moi amena onde o traballo cooperativo foi o eixe de tódalas actividades.
viernes, 20 de noviembre de 2015
miércoles, 4 de noviembre de 2015
EN SAMAÍN…BOTAMOS OS MEDOS FÓRA!
Este ano botamos os medos fóra para celebrar unha das festas máis esperadas polo noso alumnado!
O EDNL e a Biblioteca Escolar organizaron unha morea de actividades que aconteceron ao longo da derradeira semana do mes de outubro.
Exposicións Temáticas na Biblioteca, Certames Literarios e de Ilustración, Curtametraxes de medo nos recreos, Cabazas-lanterna decoradas, Contacontos das familias e moitas sorpresas que poderás ver a continuación…
Moitas Grazas por colaborar!
lunes, 2 de noviembre de 2015
sábado, 31 de octubre de 2015
ROTEIRO DOS BOLECHAS
Unhas das personaxes que máis nos gustan da nosa biblioteca son a familia Bolechas. No mes de outubro realizamos un roteiro pola nosa cidade e descubrimos os segredos que aparecen no libro dos Bolechas e outros novos que nos deixaron abraiados!
Sabiades que…
… en Pontevedra hai unha casa con cabezas e unha delas pertence a un rei?
… na nosa vila viviu un famoso pirata?
Atopa as respostas e outras curiosidades nas nosas novas de hoxe!
jueves, 10 de septiembre de 2015
COMEZO CURSO 2015-2016
Ola familias, nenos e nenas!
Xa estamos de volta do verán e en poucos días sbiremos as primeiras entradas no blog.
Estades listos? Arrincamos!
martes, 30 de junio de 2015
MAIO, MES DAS LINGUAS
lunes, 22 de junio de 2015
ANIVERSARIOS FIN DE CURSO 4 ANOS B
Xa temos os derradeiros aniversarios de curso da aula de 4 anos B. Parabéns a todos-as e ata o curso que ven!
- Aniversario de Martina:
- Aniversario de Alicia:
- Aniversario de Carla:
- Aniversarios de verán:
domingo, 21 de junio de 2015
FESTA DE NON CUMPLEANOS
lunes, 15 de junio de 2015
viernes, 5 de junio de 2015
domingo, 17 de mayo de 2015
ANIVERSARIOS MARZO, ABRIL E MAIO. 4 ANOS A
Xa nos tardaban estes aniversarios! Velaquí os deixamos nun simpático video con sorpresa. Non perdades detalle!
Parabéns a Valeria, Sofía, Clara e Álvaro!
(Queremos a receita das madalenas!)
lunes, 11 de mayo de 2015
DÍA DA NAI
viernes, 1 de mayo de 2015
ANIVERSARIOS DE ABRIL. 4ANOS B
lunes, 20 de abril de 2015
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Poesía. Na aula de 5 anos B recibimos á primavera traballando o poema “O BAILE DAS BOLBORETAS” interpretado polo grupo infantil Mamá Cabra.
MURAL DE PRIMAVERA
Chegou a primavera e estamos a poñer o colexio moi bonito. Os pequenos e pequenas de cinco anos A fixemos este mural… Preme na imaxe!
sábado, 18 de abril de 2015
ECLIPSE
O pasado 20 de marzo aconteceu unha eclipse de Sol parcial que podíase ollar dende a nosa Comunidade Autónoma. Na aula de 5 anos B estamos a traballar coma científicos no terceiro trimestre! Sistema Solar, Plantas e Artes Plásticas estanse a mesturar mediante un fío conductor que chamaremos… “ExperimentARTE”.
Hoxe deixamos a primeira tarefa: A construción dunha eclipse solar na aula.
Non vos perdades as seguintes entregas!
ANIVERSARIOS MARZO 3B
Na aula de 3 anos B tivemos 3 aniversarios no mes de marzo! Non paramos coas festas…Parabéns para Bruno, Lara e Paula!
O XORNAL
Este curso os peques de 5 anos A aprendemos na Semana da Prensa como é un xornal, as súas distintas seccións, as partes de que consta unha nova e incorporamos xornais na nosa Biblioteca de Aula. Á volta de Semana Santa cada un de nós escribimos unha nova co que fixemos estes días e compuxemos un xornal que vos ensinamos orgullosos.
(Texto: María Lorenzo)
Que vos parece?
miércoles, 8 de abril de 2015
BAILE POR SORPRESA!
Un día chegamos a clase e… sorpresa! As compañeiras de sexto de primaria trouxeron de agasallo un baile moderno á aula. Mirade aos pequechos como se suman á diversión!
viernes, 27 de marzo de 2015
PARABÉNS! DÍA DO PAI
Na aula de 5 anos A preparamos estes agasallos para os nosos pais con moita ledicia! O xoves todos queriamos chegar axiña a casa para celebrar o día!