sábado, 31 de octubre de 2015

ROTEIRO DOS BOLECHAS

Unhas das personaxes que máis nos gustan da nosa biblioteca son a familia Bolechas. No mes de outubro realizamos un roteiro pola nosa cidade e descubrimos os segredos que aparecen no libro dos Bolechas e outros novos que nos deixaron abraiados!

Sabiades que…

… en Pontevedra hai unha casa con cabezas e unha delas pertence a un rei?

… na nosa vila viviu un famoso pirata?

Atopa as respostas e outras curiosidades nas nosas novas de hoxe!