lunes, 30 de noviembre de 2015

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA

Nas últimas semanas o alumnado de infantil visitamos a Biblioteca Municipal de Pontevedra e participamos nunha sesión de contacontos nas súas instalacións.

Resultou moi interesante coñecer as normas da Biblioteca e comparar semellanzas e diferenzas coa nosa. Tomamos nota para posibles melloras e contarlle a Fervelliño!

VISITA DE ANXO MOURE

A bordo do se nubinete e nesta ocasión acompañado dun axudante moi especial, chegou en novembro ao colexio Anxo Moure para encher as nosas cabezas de historias de bosques, natureza, auga e  … vida!

Sempre sorprendente Anxo Moure, o contador máis enxebre e auténtico da nosa terra!

jueves, 26 de noviembre de 2015

…HAINAS QUE ASAR NO ASADEIRO!

Este ano celebramos unha xornada de Magosto organizada en tres momentos principais: os Xogos, a Degustación e o Baile.DSC_1429 copia

Na primeira etapa da festa o alumnado de 6º foi o verdadeiro protagonista pois tiña a tarefa de recoller a alumnos de todas as idades e repartilos en “Equipos de Xogos”.  Equipo das Pereiras, Torradas de Laranxa, Castiñeiros, etc … todos eles compostos de alumnado diverso entre 6º de infantil e 6º de Primaria.

P1010157

Por outra banda, os pequenos de 4º e 5º de infantil gozaron tamén de xogos con equipos misturados nunha zona reservada ao carón do patio de infantil.

DSC_1450 copia

A “toque de timbre” o alumnado de cada equipo tiña que cambiar de Estación de Xogo. No “Estoupa ourizos” non lles daba chegado a quenda do tiro!

DSC_1563 copiaIMG_0317 P1010155P1010140IMG_5354

Se queredes saber como seguiu a festa botade unha ollada ao video!

sábado, 21 de noviembre de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Infancia e recibimos nas nosas aulas ao alumnado do CIFP A Xunqueira do Ciclo Superior en Educación Infantil. Como en anos anteriores estes alumnos deseñan actividades para os nenos e nenas de infantil (xogos, cancións…) usando como fío conductor os Dereitos Universais da Infancia. O resultado foi unha xornada moi amena onde o traballo cooperativo foi o eixe de tódalas actividades.

DSC_2099DSC_2139

miércoles, 4 de noviembre de 2015

EN SAMAÍN…BOTAMOS OS MEDOS FÓRA!

IMG_0258Este ano botamos os medos fóra para celebrar unha das festas máis esperadas polo noso alumnado!

O EDNL e a Biblioteca Escolar organizaron unha morea de actividades que aconteceron ao longo da derradeira semana do mes de outubro.

IMG_0309IMG_0270   IMG_4895IMG_0257    IMG_0302

Exposicións Temáticas na Biblioteca, Certames Literarios e de Ilustración, Curtametraxes de medo nos recreos, Cabazas-lanterna decoradas, Contacontos das familias e moitas sorpresas que poderás ver a continuación…

Moitas Grazas por colaborar!