jueves, 22 de diciembre de 2016

NADAL DE CINE

Rematamos o primeiro trimestre do curso con actividades sorpresa para o noso alumnado… Certame de Postais de Nadal, o “Photocall”, r2d2 no colexio, unha Animación na Biblioteca para infantil, o Belén, un Mannequin Challenge e … coma se dunha estrea de cine se tratase… a nosa película do Nadal! Que traerá agochado…?

 

NADAL 2016 from Estudos Fervelliño_Xunqueira2 on Vimeo.

lunes, 28 de noviembre de 2016

25 NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado e profesorado do CEIP A Xunqueira nº2 participamos o pasado 25 de novembro nunha actividade organizada polo Concello de Pontevedra para conmemorar o Día contra a violencia de xénero. Dende infantil quixemos facer a nosa aportación…

O reto do Mannequin challenge…

Igual que estaban a facer os maiores polas rúas de Pontevedra o alumnado de infantil e 1º de primaria fixemos unha cadea humana no patio.

viernes, 18 de noviembre de 2016

MAGOSTO

O pasado martes día 15 de novembro celebramos o Magosto na escola. Este ano quixemos repetir a festa do ano anterior: xogos, degustación e baile. Por suposto que engadimos novidades! Alumnado misturado por idades, distintas estacións de xogo e un mapa de equipo para facer os cambios de xogo se cadra máis divertidos! Buxainas, Cordas, Pano, Relevos de castañas, Loita de papeis e o Estampa ourizos que xa se está a tornar nun clásico do magosto!

1 XOGOS

2 DEGUSTACIÓN

_DSC0456  _DSC0492_DSC0565  _DSC0567_DSC0568  _DSC0569_DSC0571  _DSC057320161115_124221  20161115_124302DSC_0564

3 BAILE

DSC_0589

SAÍDA DE OUTONO

Outono chegou á xunqueira marrón e amarelo… e nalgunha cor máis? Estamos na procura de material de outono para mergullarnos na nova estación!

miércoles, 2 de noviembre de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Este ano celebramos o Samaín cunha morea de actividades que amosaremos a continuación.

IMG-20161024-WA0006

 

  • AUDIOCONTO “A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS”

Diapositiva02

Os días previos á celebración estivemos traballando na biblioteca e tornámola nun estudo de gravación. Ao participar no “casting” por separado, ningún alumno coñecía o resultado final da actividade que foi proxectada posteriormente no salón de actos en 3 sesiós ao longo da mañá do 28 de outubro. Agardamos que vos sorprendera, rapaces!

IMG_1207

Preme na imaxe para ver máis fotos…

  • EXPOSICIÓN DE CABAZAS-LANTERNA

Agradecemos ás familias a colaboración na tradicional exposición de cabazas! Este ano foron a compañía e ambientación perfecta para a proxección do conto de Pelostortos.

IMG_1145   Foto 28-10-16 10 06 07IMG_1141   IMG_1142IMG_1236   IMG_1271IMG_1272   IMG_1274IMG_1275   IMG_1276IMG_1278   IMG_1279IMG_1281   IMG_1282IMG_1283   IMG_1284IMG_1290   IMG_1291IMG_1293   IMG_1294

  • CERTAMES DE ILUSTRACIÓN E RELATOS DE MEDO

Botade unha ollada aos arrepiantes agasallos! Non esquezades tomar as lambetadas con moderación…

IMG_9901IMG_9905   IMG_9914IMG_9911  IMG_9915IMG_9916  IMG_9919IMG_9921  IMG_9942IMG_9943  IMG_9946IMG_9947  IMG_9948IMG_9950  IMG_9952IMG_9955  IMG_9958IMG_9960  IMG_9964IMG_9969  IMG-20161024-WA0013

  • FESTA TEMÁTICA NA AULA

IMG_1139IMG_1126IMG_1124IMG_1215Foto 28-10-16 13 30 32

IMG_1133