viernes, 27 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Nas últimas semanas estivemos a preparar actividades para a conmemoración do Día da Paz. Este ano usamos por lema “A PAZ QUE SOÑAMOS COMEZA POR NÓS” e os nosos traballos constitúen o punto de partida para a próxima participación no Salón do Libro en primavera.

Ademais, hoxe levamos a cabo unha xuntanza no patio para construir: un Mural colectivo, escoitar o Manifesto pola Paz elaborado polos compañeiros de 6º e cantar cunha soa voz a canción Bajo el mismo sol. Ollade…

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O teu comentario publicarase en breve. Grazas por participar!