miércoles, 28 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro conmemoramos o nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Nas aulas de 4º de infantil estivemos estes días facendo unha morea de actividades en torno á súa figura: aprendendo a biografía, cantando  e recitando os seus poemas, decorando un marcapáxinas, etc.

Velaquí vos deixamos un video recompilatorio das máis destacadas!

miércoles, 14 de febrero de 2018

FROITA E XOGOS MATEMÁTICOS

Durante estes días, nas aulas de 4º de educación infantil realizamos un conxunto de xogos, mediante os que manipulamos distintas pezas de froitas co obxectivo de avanzar no desenvolvemento da competencia matemática do alumnado. Comezamos coa abordaxe da asociación entre número e cantidade:

Aparte disto, traballamos outros moitos aspectos relacionados coa lóxica matemática:

a) Fixemos series de dous e tres elementos.

b) Construímos figuras xeométricas, facendo círculos, cadrados e triángulos coa froita.

c) Fixemos clasificacións de froitas segundo a súa cor.

IMG_0863

d) Abordamos os conceptos de enteira e metade

IMG-20180309-WA0093IMG-20180309-WA0099

sábado, 3 de febrero de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes 20 de febreiro ás 17:00 realizaremos unha Xornada de Portas Abertas para as familias do alumnado de nova incorporación ao centro para o vindeiro curso escolar 2018-2019.

O prazo para presentar a solicitude de admisión abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo.

VEN A VISITARNOS!

viernes, 2 de febrero de 2018

CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ

KM SolidaridadEste ano a celebración do Día da non Violencia e a Paz celebrámolo participando todo o alumnado nunha carreira solidaria contra a desnutrición infantil en colaboración coa ONG Save the Children.

Se queredes saber máis sobre esta iniciativa premede na imaxe.


Unha historia con final feliz para contar…

O martes 30 de xaneiro repartidos durante a mañá  en distintos horarios, o alumnado de cada curso participou na carreira.

Ao rematar  recibiron un carné e un diploma acreditando o número de voltas para levar a casa. Voluntariamente, nos días seguintes á carreira, as familias patrocinadoras achegaron donativos que foron ingresados na conta da asociación Save the Children. A continuación unhas imaxes que relatan o acontecido. Agardamos que vos gusten!

CARREIRA SOLIDARIA EI from Educación Infantil Xunqueira 2 on Vimeo.

Alumnado de Infantil celebrando a carreira

Quilómetros de Solidariedade from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Quilómetros de Solidariedade no CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra

MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN, FAMILIAS!